ELECIÓNS
AO PARLAMENTO DE GALIZA 1997
Galeg@s na Galiza: estades e estamos a piques
de conquerir un dos soños máis anceiados para a nosa nación:
o soño dun governo que, por fin, sente as bases sólidas para
liberación nacional da Galiza.
Tamén nós, dende a emigración,
vivimos este intre coa mesma ilusión con que vo-la imaxinamos. Co
mesmo espírito de loita. Tede sempre presente e sabede que as nosas
forzas están e estarán ao caron da contrución da nosa
pátria. Nin as terras, nin os mares que nos afastan son quen de
alixeirar o noso compromiso coa Terra.
Os emigrantes non queremos ser tratados como
moeda de cambio, como decote fai a Xunta de Fraga Iribarne. Rexeitamos
a explotación polos medios de comunicación da desgraza xenerada
co exílio económico en tantas famílias emigradas.
Rexeitamos a instrumentalización da dor para a propaganda de señores
como o Amarelo de Castro. Rexeitamos ese xogo hipócrita que se fai
coas condicions desfavorabeis de amplas bolsas de galegos emigrados, sobor
de todo en América Latina.
Galegas e galegos, a ben seguro que ‘cabaleiros’
e ‘guerreiros’ que campan polas fragas do país farannos axiña
as beiras. Que saiban que non poderán co exército irmandiño
preparado xa para rachar co asoballamento da pátria.
Neste intre, nesta história da que
sodes e somos protagonistas, os emigrantes galegos estamos certos de que
temos á organización e tamén a persoa á medida
das esixéncias do país. Compañeiro Xosé Manuel,
Presidente da Galiza, conta connosco para ese futuro que escomenza o 19
de outubro.
VIVA GALIZA CEIVE ! ! ! !
VIVA O BLOQUE NACIONALISTA GALEGO ! ! ! !
BNG
- Emigración
A Comarca da Emigración do BNG está
formada na actualidade polas Asembleas Locais da Arxentina, Brasil, Uruguai,
Cataluña, España, Euzkadi e Suiza.
O Consello Comarcal da Emigración dirixe
e coordina a actividade política das diferentes Asembleas Locais,
e é elexido cada dous anos pola Asemblea Comarcal da Emigración.
Asembleas
Locais *
Teléfono
Correio Eletrónico
Andorra
Arxentina
Brasil
Cataluña
93 332 29 76 / 93 415 84 39 bngemi@geocities.com
España
91 883 47 93 med006357@nacom.es
Euzkadi
94 483 15 69
Suiza
Uruguai
Venezuela
Voltar