a Plataforma polo Galego na Informática DENUNCIA a PASIVIDADE da XUNTA.

 

A Plataforma polo galego na informática leva tempo denunciando a absoluta deixación de funcións na que está incorrendo a Xunta de Galiza e os responsábeis da política lingüística do governo galego ao absteren-se de xeito inconcebíbel de desenvolver unha defensa da língua galega en todos os ámbitos relacionados coa informática e coas novas tecnoloxias. En concreto, a Plataforma ten explicado como a Xunta se nega sistematicamente a por da sua parte a colaboración necesária para que o Windows'98 vexa a luz no noso idioma.

 

Por desgrácia, esta situación nen é nova nen ten trazas de mudar. Cando Microsoft publicou o Windows'95, a Plataforma informou de que este sistema operativo ia ser distribuído en todas as línguas oficiais do estado agás en galego. Contactou-se coa Xunta e denunciou-se a desigualdade de condicións na que o galego ficaba frente ao catalán, castellano e euskera. A Xunta fixo oidos xordos.

 

As seguintes mensaxes de correio electrónico son tan elocuentes que sobran as palabras. Lendo as de Manuel Fraga e as que nos chegan de Microsoft Ibérica, fica ben ao descoberto a realidade sen paliativos de un governo que semella decidido a que o idioma galego entre no século XXI eivado de direitos.

 

Estimado amigo:

 

En relación coa súa denuncia referente ó pouco apoio que a Xunta de Galicia, e máis concretamente a Consellería de Educación e Ordenación Universitaria, ofrece á creación dun mercado informático en galego e, sobre todo, a negativa institucional á traducir a lingua galega o Windows 95 e o Windows 98 de Microsoft, teño que decir, que este goberno conseguiu e está a conseguir importantes logros e obxetivos en materia de normalización lingüística en tódolos ámbitos da sociedade; proba delo é o recoñecemento tanto a nivel nacional como internacional da convivencia lingüística que se vive na nosa comunidade.

 

Neste sentido, quisera recordarlle, que a Xunta de Galicia priorizou sempre as iniciativas que surdiron propiamente na Comunidade galega, que son froito do traballo dos galegos e que constituén nunha importante aportación autóctona á tódolos éxitos lingüísticos alcanzados.

 

En canto ó mercado informático, o Goberno galego acaba de contribuir recentemente á súa oferta cun novo corrector ortográfico, denominado "Corrixe", compatible co Windows 95, que é unha importante e útil ferramenta de traballo á hora de traducir textos ó galego.

 

Desexandolle un venturso 1998, unha forte aperta

 

MANUEL FRAGA IRIBARNE

Presidente da Xunta de Galicia

 

 

 

 

 

 

x

Estimado amigo:

 

A existencia de programas informáticos en lingua galega depende das decisións que, sobre criterios de mercado, adopten as empresas generadoras de software.

 

A Xunta de Galicia vén realizando un intenso labor de promoción do galego no conxunto da sociedade, un esforzo global que repercute día a día no incremento de usuarios de informática que demandan software en galego. En definitiva, ese é o factor que determinará o interese comercial das compañías por producir programas informáticos nesta lingua, sen prexuízo de que a Administración poida alentar ou promocionar, na súa xusta medida, as iniciativas da empresa privada.

 

Reciba unha aperta,

 

MANUEL FRAGA IRIBARNE

Presidente da Xunta de Galicia

 

 

Hola,

 

Le entiendo perfectamente y a mí me gustaría también que Windows 98 y todas las aplicaciones estuviesen disponibles en Galego (mi familia es galega), ahora bien le explico el porqué: El Gobierno vasco y catalán subvencionan el que estos programas estuviesen en sus respectivas lenguas gracias a un ofrecimiento de Microsoft que también paga parte de esta localización a estos idiomas.

Bueno, pues este ofrecimiento se hizo también a la Xunta Galega y fue rechazado por la misma, por lo cual no se traduce.

 

Salu2!

 

Alberto Sánchez

Http://www.microsoft.com/spain/

Http://www.eu.microsoft.com/spain/

 

Ante os feitos expostos, a Plataforma chama á participación dos estudantes e profesionais da informática, asi como dos meios de comunicación, para que de unha vez por todas os dirixentes da Xunta cumpran coas competéncias que lle son de obriga.

Propostas que fai a Plataforma polo Galego na Informática

 

 

 

 

*

Apdo. 2312 15080 A Coruña

:

pardo @ mercurio.des.fi.udc.es

:

imaxin @ interbook.net

(

981 167 100 ext 1332

(

929 87 61 65

 

Participe na campaña de correio electrónico a prol do W98 en galego

 

http://valbuena.fis.ucm.es/~camilor/campanhas/Win98/mensa.htm

Mais información sobre o galego na informática

 

http://www.arrakis.es/~minhoca/index.htm

Mais información sobre a Plataforma polo Galego na Informática

 

Contacte coa Plataforma por correio electrónico ou telefone a través dos meios arriba indicados e daremos-lle canta información precise.