Interesa-nos contactar con xente que posua coñecimentos lingüísticos para colaborar na elaboración e tradución de materiais bibliográficos relacionados coa informática e as telecomunicacións: libros, apuntamentos, manuais, etc. Asemade precisamos persoas que colaboren na recopilación de léxico técnico para a elaboración dun glosário.
Tes coñecementos técnicos relacionados coa informática, as telecomunicacións e as suas aplicacións? Gostarias de escreber sobre algún deses temas? Logo podes colaborar na nosa revista. Tamén gostaríamos de contar con xente con coñecementos de maquetación.
Gostariamos de contactar con programadores interesados en criar software de libre distribución: programas educativos, correctores, glosários, bancos de dados (BDs), xogos, etc. para a criazón dun fondo de libre distribución de programas en galego.
Podes axudar-nos recollendo e comunicando-nos aquelas notícias relacionadas cos obxectivos da PGI que aparezan nos diferentes meios de comunicación para a elaboración periódica dun Informe sobre a situación do Galego na Informática. Asemade estamos interesados en receber enderezos de sítios na Internet que teñan recursos ou realicen actividades relacionadas coas da PGI.
Se sabes deseñar páxinas WWW, podes participar no mantemento, mellora e dinamización da documentación en liña da que dispón a PGI.
Ademáis de todas estas posíbeis colaboracións estamos abertos a calquer nova idea que siga a liña das aquí expostas. Para máis información sobre posíbeis colaboracións, consultar o apartado adicado às actividades da PGI. |