Onde vai o ÿ 98 en Galego?
O sistema operativo mais vendido do mundo, o Windows da MicroSoft, vai ter o vindeiro ano unha nova versión no mercado: o Windows 98. Como é previsible, esta nova versión chegará a estar instalada en numerosos computadores de usuários galegos mais, ao igual que aconteceu coa versión anterior: o Windows 95, non será unha versión en galego.
Semella que, unha vez mais, vai-se deixar pasar outra oportunidade histórica de aproveitar os benefícios que supón, para o proceso de normalización da nosa língua, dispor de versións en galego dos programas mais utilizados no mundo.
Semella que, unha vez mais, vai-se incumprir a lei de normalización lingüística e non se vai facer nada que permita fornecer aos galegos as ferramentas que rematen situando-os, cando menos, en igualdade de oportunidades cos demais cidadáns españois.
E semella que, unha vez mais, ante a pasividade dos responsábeis da Direción Xeral de Política Lingüística e o desinterese da Microsoft, teremos que ser os próprios usuários galegos os que teñamos que levar adiante accións de protesta para esixir que se tomen as medidas precisas, non só para dispor dunha versión en galego do Windows 98, senon para que o governo da Xunta elabore un plano de futuro que posibilite a criazón dun mercado informático en galego e, consecuentemente, nos permita dispor das mesmas ferramentas que calquer língua normalizada.
É por iso que a Plataforma polo Galego na Informática comeza esta campaña consistente no envio de cartas aos responsábeis da situación, co obxectivo de sensibiliza-los co problema. Nesta folla incluen-se os enderezos do presidente da Xunta, do director da Política Lingüística Galega e do servizo de atención ao cliente da Microsoft, ademais de dous modelos de cartas que poden empregar-se como meio de protesta.
Estimado Sr:
Como galego/a e usuário habitual de sistemas informáticos, quero facer-lle chegar a miña protesta e disconformidade polo que considero un incumprimento das suas funcións en matéria de normalización lingüística e favorecimento da igualdade de oportunidades dos galegos diante dos demais cidadáns españois.
En concreto estou-me a referir à iminente comercialización da nova versión do sistema operativo mais vendido no mundo, o Windows 98 da MicroSoft, que como xa acontecera coa versión anterior vai estar disponible en todas as línguas oficiais no estado agás o Galego.
Considero que é da máxima urxéncia que pola sua parte se tomen as medidas precisas para que non se volva repetir un feito discriminatório coma ese e que se elabore un plano de acción co obxectivo de potenciar a criazón dun mercado informático en galego, cuxos benefícios na normalización da nosa língua e na nosa economia son evidentes.
Asinado,
Enviar a:
D. Manuel Fraga Iribarne. Secretaria Particular do Presidente. Edif Administrativo San Caetano. 15074 Santiago de Compostela. Fax: (981) 54 49 04 email: presiden@xunta.ese mais a: D. Manuel Regueiro Tenreiro. Direción Xeral de Política Lingüística. Edif. Administrativo San Caetano. 15074 Santiago de Compostela. Fax: (981) 545422
Estimado Sr/a:
Como galego/a e usuário habitual de produtos informáticos quero facer-lle chegar a miña protesta e disconformidade polo que considero unha posición discriminatória da sua compañia cos usuários galegos.
En concreto estou-me a referir à iminente comercialización do seu sistema operativo Windows 98, que como xa acontecera coa versión anterior, vai estar disponible en todas as línguas oficiais no estado agás o Galego.
É por iso que solicito que a sua compañia considere aos galegos como clientes que merecen o mesmo respecto e consideración que amosou cos demais usuários españois e poña da sua parte os meios precisos para que poidan dispor de versións en galego dos seus produtos.
Asinado,
Enviar a:
Microsoft Ibérica S.R.L. Centro Empresarial Euronova . Ronda de Poniente 10. 28760 Tres Cantos, Madrid. Fax: (91) 803 83 10
A Plataforma agradece toda colaboración desinteresada que se lle poida prestar na distribución desta folla e os seus contidos, cos fines nela explicados, através do meio que se considere axeitado: fotocopiado, distribución eletrónica, publicación, etc.